Carmen Pomar visita centros escolares de Noia e Lousame con programas educativos innovadores.

A conselleira de Educación , Carmen Pomar, desprazouse ao CEIP Felipe de Castro (Noia) onde o seu departamento executará o vindeiro ano unha importante obra de rehabilitación enerxética e funcional. Posteriormente acudiu ao CPI Plurilingüe Cernadas de Castro (Lousame), un centro de referencia no ámbito do plurilingüismo.