O Concello de Boiro convida a poboación moza a participar na actividade “Microvídeos contra as Violencias Machistas”.

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra o próximo 25 de novembro,o Concello de Boiro ven de propoñer a toda a poboación xuvenil (de entre12 e 18 anos) do municipio a súa participación na actividade denominada “Microvídeos contra as Violencias Machistas”.