A Deputación da Coruña cede unha furgoneta adaptada á Asociación de Discapacitados da Comarca de Muros

A deputada da área de Servizos Sociais e Igualdade, Ánxela Franco, fixo hoxe entrega dunha furgoneta adaptada á Asociación de Discapacitados da Comarca de Muros.

O presidente da entidade, Ramón Sestayo, destacou a importancia do traslado das persoas para o desenvolvemento dos servizos que ofrece en toda a comarca.