A Deputación da Coruña destina case un millón de euros a apoiar as actividades das asociacións culturais

Un total de 953.366 € é a cantidade que a área de Cultura da Deputación da Coruña destina a apoiar os programas de actividades das asociacións culturais. En total son 251 as entidades beneficiarias dunha liña de axudas que ten como obxectivo afortalar o tecido cultural de base.

A área de Cultura da Deputación da Coruña, que dirixe a tamén vicepresidenta Goretti Sanmartín Rei, destina este ano case un millón de euros a apoiar a actividade das asociacións culturais dos concellos da Coruña. Nesta nova convocatoria, 251 son as entidades que recibirán apoio económico da Deputación da Coruña para desenvolver os seus programas de actividades segundo a concesión provisional que sae publicada no BOP deste 17 de outubro.

more recommended stories