Noia converterase esta fin de semana no referente nacional no mundo da criminalística

O I Congreso Internacional de Criminalística Aplicada “converterá a Noia no referente nacional no mundo da criminalística”, segundo explica Luís Alamancos Pampín, director do Centro de formación do Instituto Internacional de Criminalística Aplicada (INICA).

O responsable da entidade organizadora apunta que “agardamos a asistencia de máis de trescentas persoas de toda España, atraídos polo gran nivel dos poñentes que van participar, ademais dos veciños e veciñas que se queiran achegar polo Liceo, pois as charlas son abertas ao público”.