A Xunta e as universidades galegas renovan a súa colaboración para organizar actividades formativas e de investigación conxuntas

A sinatura deste documento marco posibilita que o persoal de administración e servizos das tres universidades públicas galegas acceda á formación convocada pola EGAP, tanto con actividades exclusivas para eles como coa súa participación no Plan formativo ofimático de Galicia, no programa de autoformación e no portal de idiomas.

Desta maneira, o dito persoal recibe unha formación actualizada e de calidade impartida polos mellores profesionais, equiparando a súa situación coa dos demais empregados públicos de Galicia que teñen acceso a estas actividades desde hai anos.

more recommended stories