Feijóo refírese á construción das F-110, que suporán carga de traballo ata o 2025, “como a oportunidade definitiva” para a modernización do estaleiro de Ferrol

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe a construción das fragatas F-110, que suporán carga de traballo ata 2025, “como a oportunidade definitiva” para a modernización do estaleiros de Ferrol, e dicir, para a súa competitividade.

Durante a celebración das xornadas Hacia el astillero 4.0 por la transformación digital, organizado por Navantia e a UIMP, Feijóo incidiu na necesidade de que Navantia prosiga co seu plan para converterse nun estaleiro 4.0 e, polo tanto, máis tecnolóxico; e que, por parte do Goberno central se apoie ese esforzo con máis concreción e máis certezas. Non en van, apostar polo estaleiro 4.0, nun prazo de cinco anos, podería traducirse nunha redución dos custos nun 25%, nunha diminución dos prazos dun 25% e nun aumento na calidade tamén do 25%.

more recommended stories