Incidencias no Barbanza por mor da chuvia

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia atendeu un total de 47 incidencias relacionadas co episodio de meteoroloxía adverso de nivel amarelo por choivas que afectou ás provincias da Coruña e Pontevedra, entre as 00:00 e as 08:00 horas desta mañá.

A maior parte dos incidentes foron provocados pola caída de árbores e pólas que en ningún caso deixaron persoas feridas.