O Concello de Noia inviste 13.000 euros en melloras no local social da Barquiña .

O Concello de Noia está a acometer obras de mellora no local social da Barquiña, uns traballos nos que inviste 13.600 euros e que estarán rematados ao longo da próxima semana.

Esta actuación forma parte do plan de mellora dos locais sociais que está a acometer o Concello de Noia e que comezou o pasado mes de abril co arranxo do local social de Barro, onde se substituíron as baixantes e os canalóns para solucionar os problemas de estanqueidade e de humidades que sufría o inmoble. Antes de finais de ano acometeranse melloras noutros catro locais sociais máis por un importe de 46.725,55 euros: Boa, Ousoño, Barro e a Ponte de San Francisco. Unhas actuacións que serán financiadas con cargo ao remanente de Tesourería do Concello de Noia e que foron aprobadas no pleno do pasado mes de setembro.