Galicia convértese nunha das primeiras comunidades en aprobar o teito de gasto, prudente e expansivo, de 9.850 millóns de euros

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, confirmou este mediodía, na rolda de prensa do Consello, que Galicia convértese nunha das primeiras comunidades en aprobar o teito de gasto para 2019.

Un teito de gasto, prudente e expansivo, de 9.850 millóns de euros, o que supón que o gasto da Comunidade para o vindeiro exercicio poderá aumentar ata 363 millóns de euros, respecto ao orzamento para 2018, é dicir, un 3,8% máis.
Logo de subliñar que o obxectivo desta medida é poder presentar en tempo e forma os Orzamentos do vindeiro exercicio, Feijóo precisou que o teito de gasto non financeiro contará con máis recursos e con menos débeda, xa que a Comunidade reducirá o seu déficit ata os 69 millóns de euros, o 0,1% do PIB, o que significa que, no 2019, Galicia non dependerá practicamente da débeda pública.

more recommended stories