Do 18 ao 21 de outrubro Noia acolle as xornadas de exaltación do seu producto estrela, o berberecho de Noia.

A III Edición das Xornadas de exaltación do berberecho terá este ano un carácter solidario, recadando un euro entre cada persoas que participe da degustación do berberecho que terá lugar o domingo 21., e que irá destinado a Cáritas e Cruz vermella de Noia.

As xornadas inícianse o xoves 18 de outubro, e exténdense ata o 21, durante estes días realizaranse degustacións, charlas, concertos, todo co berberecho como eixe principal.
A dimension nacional chegará da man do popular cociñeiro Paco Roncero.