Medio Ambiente asigna máis de 210.000 euros ás áreas de rehabilitación integral de Muros, Noia e Rianxo.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda asigna máis de 210.000 euros ás áreas de rehabilitación integral (ARI) dos concellos de Muros, Noia e Rianxo.

Ademais destes fondos, estes concellos da provincia da Coruña dispoñen máis de 287.000 euros pendentes de xustificar dos convenios de 2015 e 290.072,69 de euros correspondentes aos convenios asinados en outubro de 2017.
No reparto de fondos de 2018 ao concello de Muros correspóndenlle 104.849,66 euros (dispón de máis de 140.000 euros pendentes de execución), ao de Noia 58.332,85 (que ten máis de 352.000 euros pendentes de execución), e ao de Rianxo 48.930,95 (con preto de 84.000 euros pendentes de execución).