O Concello de Noia investirá 705.000 euros do remanente de tesourería en melloras en todas as parroquias en materia de saneamento, locais sociais, camiños e parques infantís.

O Concello de Noia investirá un total de 705.049,88 euros, procedentes do remanente de Tesourería, en acometer un completo plan de melloras en materia de saneamento, camiños e sendas, locais sociais, instalacións deportivas e parques infantís nas distintas parroquias.

Un programa de investimentos que será aprobado na sesión plenaria deste martes 25 de setembro en forma de crédito extraordinario número 2/2018.