O lume calcinou o sábado mais de 19 hectareas de monte en San Pedro de Muro.

O lume comezou preto das catro da tarde, e axudado polo forte vento de nordés, extendeuse con facilidade, achegándose perigosamente a varias vivendas.

A columna de fume era visible dende todo o Barbanza, e mesmo dende o outro lado da ría de Arousa, deixando caer a cinxa no centro de Santa Uxía.