A Deputación anuncia un proxecto para a mellora do trazado da DP 4502 Outes-Mazaricos, unha das principais estradas que vertebra a Costa da Morte e Barbanza

O deputado responsable da área de Vías e Obras da Deputación da Coruña, José Manuel Pequeño, anunciou que a institución provincial licitará a principios do vindeiro mes de outubro un proxecto importante de mellora de estradas na comarca da Barbanza.

Segundo anunciou o deputado provincial, a Deputación encargará un proxecto para levar a cabo a ampliación e mellora da estrada DP 4502 de Braña de Cotro a Chacín, que conecta os concellos de Outes e Mazaricos e que supón unha das principais conexións da comarca barbanzana coa da Costa da Morte a través dun vial que actualmente conta cunha plataforma estreita e curvas moi pronunciadas nalgúns tramos.

more recommended stories