16 mozos e mozas menores de 30 anos formaranse a partir de setembro no II obradoiro de emprego de cociña e restauración en Boiro

Boiro acolle este curso o segundo obradoiro de emprego en hostalería posto en marcha polo concello co apoio da Xunta de Galicia. O alcalde de Boiro, Juan José Dieste, deu conta dos detalles da iniciativa, para a cal a xunta aporta 154000 euros e o concello preto de 20.000 euros.