A Mancomunidade Arousa Norte en colaboración coa Deputación Provincial de A Coruña promove un ambicioso proxecto de promoción turística e cultural que converterá esta comarca nun referente na concreción da Idade de Ferro en Galicia e Europa.

O proxecto baséase na visita física aos sitios arqueolóxicos designados: Castro de Isorna, en Rianxo; os de Neixón e de Achadizo, en Boiro; o de Croa de Postmarcos, na Pobra do Caramiñal, e o Castro da Cidá, en Ribeira e o castro de Baroña en Porto do Son.