A Deputación da Coruña convida aos centros educativos a participar no programa de turismo escolar

A Área de Turismo da Deputación convida a participar no programa dirixido a escolares de entre 4 e 16 anos, nas visitas para coñecer o patrimonio cultural e natural cunha oferta de cinco rutas que van da pegada romana no Mandeo ás testemuñas de pedra no Castelo de Vimianzo, pasando polo achegamento á tradición da olería en Buño.

A esta oferta deseñada pola deputación incorporáronse recentemente os recursos ofertados polos concellos.