A Cámara de Comercio de Santiago e Jealsa asinan un acordo para desenvolver relacións de colaboración, cooperación e apoio mutuo

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago asinou hoxe xoves, 6 de setembro, un convenio de colaboración coa conserveira Jealsa Rianxeira S.A.U.

Ao acto, que se celebrou na sede central da compañía en Boiro, asistiron o presidente da Cámara compostelá, José Sierra Fernández, e o presidente de Jealsa, Jesús M. Alonso Escurís.