Cinco fotógrafos e dez pintores expoñen na casa do concello nunha mostra colectiva

Dentro da programación de eventos vinculados a Artemar Riveira 2018, a Casa do Concello expón dende hoxe luns ata o 30 de setembro unha nova exposición titulada “Mostra colectiva de pintura e fotografía”, cuxa apertura contou coa presenza do alcalde Manuel Ruiz e numerosos veciños e artistas ademais doutros membros da Corporación.