A Xunta outorgou axudas económicas a 293 vítimas de violencia de xénero durante o primeiro semestre de 2018

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentou hoxe en rolda de prensa o balance dos datos das axudas, servizos e recursos que o Goberno galego puxo a disposición das vítimas de violencia de xénero durante o primeiro semestre de 2018.

Na primeira metade do ano, a Xunta concedeu axudas económicas a 293 mulleres vítimas de violencia de xénero -isto é, 58 máis que no primeiro semestre de 2017-, a través das distintas liñas que ten habilitadas: axudas anuais con pagamentos mensuais; axudas anuais de pagamento único; e expedientes de concesión de indemnizacións.
Neste sentido, cómpre recordar que o Goberno galego vén de incrementar o crédito, esta mesma semana, da liña de axudas destinada aos pagamentos mensuais en case 960.000 euros, ata situarse nos 3,9 millóns de euros.

more recommended stories