O concello de Ribeira activa unha actuación dirixida a eliminar tres puntos de vertido nas rúas Galicia e da Barreira

O Concello de Riveira vai efectuar unha actuación destinada a eliminar tres puntos de vertido nas rúas Galicia e da Barreira, sitas na cidade.

Neste senso, por medio da inspección con videocámaras detectouse a existencia de conexións incorrectas entre as redes de saneamento e pluviais nas citadas rúas, o que está provocando o vertido de augas fecais cara á zona portuaria.