Co afán de mellorar o ensino que se ofrece no concello, en Rianxo está a piques de rematar o ambicioso Plan de mellora das escolas unitarias posto en marcha polo concello.

Cun investimento de medio millón de euros dende o concello están a rehabilitar as 8 escolas unitarias do municipio, so falta unha para rematar, para elo solicitouse un creto de medio millón de euros que agardan devolver este mesmo ano.