O Sergas continúa a avanzar na mellora do hospital da Barbanza co anuncio da licitación da obra para ampliar as urxencias

O Servizo Galego de Saúde, a través da Dirección Xeral de Recursos Económicos, publica hoxe, no Perfil do Contratante, o anuncio da licitación para a obra de ampliación da área de urxencias do Hospital da Barbanza.

Con esta actuación, o centro sanitario aumentará en máis dun 40% a superficie desta área do hospital.