A mocidade únese á loita dos pensionistas do Barbanza que o sábado participaron nunha nova molización na Pobra do Caramiña.

Arredor de duascentas persoas, ás que nesta ocasión se sumaron un grupo de mozos e mozas , moi aplaudidos polos maiores, percorreron as rúas da Pobra para reivindicar un sábado mais, o dereito a unha pensión digna, acorde á suba do IPC e que quede recollida pola Constitución.