Feijoo agarda que a Festa do Viño Albariño sexa declarada como Festa de Interese Turístico Internacional

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reiterou onte o seu desexo de que a Festa do Viño Albariño sexa declarada Festa de Interese Turístico Internacional e convertela así na primeira celebración enogastronómica de Galicia en obter esta distinción internacional.

Durante a súa intervención, Feijóo destacou o enorme potencial do albariño; un potencial como produto agroalimentario de calidade que queda ilustrado nas cifras da Denominación de Orixe Rías Baixas, cunha produción comercializada que medrou máis dun 26% desde 2009, duplicándose neste período o volume que se vende no exterior. E un potencial como destino do enoturismo, reflectido nas máis de 200.000 persoas que na pasada edición disfrutaron desta festa e nas 115.000 que viviron a experiencia da Ruta do Viño Rías Baixas.

more recommended stories