Feijóo destaca a consolidación do Ifevi como o recinto feiral con máis capacidade de Galicia e coas infraestruturas máis modernas tras a ampliación da súa superficie ata os 38.000 metros cadrados

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que a ampliación do Ifevi, cunha superficie total de ata 38.000 metros, consolídao como o recinto feiral con máis capacidade de Galicia e coas infraestruturas máis modernas.

Tras unha reunión coa xunta directiva de Conxemar e unha visita ás instalacións do Ifevi, Feijóo aseverou que o novo pavillón de 5.000 metros cadrados, que contou cun investimento de 3,8 millóns de euros, permitirá atender as necesidades de eventos consolidados como Navalia ou, neste caso Conxemar; pero tamén acoller outras novas iniciativas e oportunidades que beneficien ao tecido empresarial tanto da comarca como da Comunidade.

more recommended stories