Feijóo constata que o maior orzamento da historia de Galicia para maiores e discapacidade permitirá chegar neste 2018 aos 60.000 dependentes atendidos

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe que o maior orzamento da historia da comunidade para maiores e discapacidade permitirá chegar neste 2018 aos 60.000 dependentes atendidos, adiantando dous anos o cumprimento dun obxectivo que se tiña previsto acadar a finais da lexislatura, en 2020.

Durante unha visita ás instalacións do novo centro de día e residencia de maiores do Concello de Cervo, Feijóo precisou que o orzamento total de 414 millóns de euros para este ano pon de manifesto que a achega para esta área medrou un 50% nestes nove anos, o que fai posible que hoxe en Galicia haxa máis de 57.000 persoas con dependencia atendidas, catro veces máis que en 2009, cando recibían atención 14.000 persoas.