Feijóo subliña que O Bosque de Galicia dota Santiago do maior espazo verde con árbores autóctonas da Galicia Atlántica

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, subliñou esta mañá que o Bosque de Galicia dota Santiago do maior espazo verde con árbores autóctonas da Galicia atlántica. Coas súas 34 hectáreas, o bosque, que acaba de rematar a súa plantación, multiplica por seis a superficie que ten a alameda da capital galega.