A Xunta traslada ao Goberno Central a necesidade de traballar conxuntamente na defensa dos intereses da frota galega ante os novos regulamentos europeos

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, sinalou hoxe que a Xunta trasladará ao Goberno central os documentos e ditámenes coas propostas de Galicia en relación aos novos regulamentos do eido do mar nos que está a traballar a Unión Europea,

que son o de medidas técnicas, o de control e o do futuro Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. O obxectivo, sinalou, é traballar co Goberno central, durante este semestre no que Galicia representa ás comunidades autónomas españolas en materia pesqueira ante a UE, para “mellorar determinados aspectos nestes regulamentos”.