O BNG do Barbanza conmemorará o Dia da patria cun acto público na Pobra do Caramiñal

Os actos organizados polo BNG do Barbanza para conmemorar o Día da Patria Galega,

centraranse na Pobra do Caramiñal, na praza da fonte do parque do Castelo, onde as 19:30h comezarán con Campionatos de bolos celtas e xogos populares;unha hora mais tarde terá lugar unha palestra feminista de Galiza Nova sobre “Cuestión de xénero e soberanía nacional” con Olaia Rodil, deputada e membro da directiva nacional de Galiza Nova., que as 21: 30 realizará unha intervención.
Para recuperar folgos as 22:00h: Mexilloada de balde; con bebidas a prezos populares e concerto de rock and roll con A Banda da Trastenda.