O Plan forestal de Galicia será aprobado definitivamente entre finais de 2018 e principios de 2019

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe, tras a reunión do Consello, que o Plan forestal de Galicia será aprobado definitivamente entre finais de 2018 e principios de 2019. Este documento, que na actualidade se atopa en fase de información pública, vai ordenar a política forestal galega durante os vindeiros 20 anos.