A Xunta pon en marcha a rede de videovixilancia forestal, unha plataforma de altas prestacións para monitorizar o 54% do territorio

A Rede de Videovixilancia dos espazos forestais que entrou en funcionamento a pasada semana coa activación de 20 das 88 cámaras, concibiuse como un instrumento de apoio ao labor de detección, prevención e seguimento deste tipo de incendios e foi anunciada polo presidente da Xunta no Parlamento como unha das 30 medidas na proposta de acordo forestal.

Así o recordaron esta mañá a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, durante a visita que realizaron esta mañá ao Centro de Coordinación Central da Dirección Xeral de Montes para comprobar o funcionamento da plataforma, que estará completamente operativa a mediados de agosto.