Pedro Puy avoga por “un acordo de país co máximo consenso” no ditame da Comisión de Estudo sobre política forestal e loita contra os incendios

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe por “un acordo de país co máximo consenso” no ditame da Comisión de Estudo de política forestal e prevención e extinción de incendios.

Puy concretou que entre as propostas do PPdeG figura reforzar a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) para mellorar os problemas de estrutura da propiedade no rural galego, así como a creación dun grupo específico de expertos para optimizar o servizo de prevención e extinción de incendios e a súa coordinación cos servizos de emerxencias.