O 75% das axudas a investimentos produtivos en acuicultura no 2017 foron destinados ao sector mexilloeiro

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, lembrou hoxe no Parlamento que os produtores de mexillón recibiron o 75% das subvencións convocadas o ano pasado para investimentos produtivos en acuicultura.

A este sector, explicou, foron parar 2,1 millóns de euros do importe total das axudas, que foi de 2,8 millóns de euros.

more recommended stories