A confraria de Rianxo lidera un estudo para coñecer as propiedades das algas e ver as posibilidades de comercializar esta especie.

A idea presentada pola confraria de Rianxo ao abeiro dos Galp e na que se interesou en participar tamen a confraria de Vilanova, xurdiu para por fin a un problema ao que cada ano se enfrontan as confrarias, a abundancia de alga nas praias, que acaba afogando o bivalvo.