A Garda Civil detén a unha persoa e investiga a outra por delitos de usurpación de estado civil e estafa bancaria

A Garda Civil de Boiro procedeu á detención de S.A. G de 22 anos de idade, veciña de Boiro, como suposta autora de cinco delitos de usurpación de estado civil e estafa bancaria, un deles en grao de tentativa, ascendendo o importe total estafado a 6.390 €.

Así mesmo tamén se investigou a M. L.M., de 28 anos de idade, como coautor dos mesmos feitos. Ambos contan con antecedentes por diversos delitos.

more recommended stories