O Concello de Ribeira vai emprender unhas obras dirixidas ao acondicionamento do espazo situado debaixo da bancada do campo de fútbol da Fieiteira.

A intención desta actuación reside en crear dous almacéns destinados ao uso dos clubs que empregan esa instalación.

Valorada en 33.637 euros, o Concello vén de ver confirmada unha subvención para a súa execución por importe de 20.182 euros procedente de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, ao abeiro da orde do 4 de decembro de 2017 pola que se convocan achegas para a creación ou mellora de infraestruturas, dotacións e instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais.