O BNG da Pobra do Caramiñal ven de presentar unha solicitude no concello para que se tomen medidas de proteccion das zonas dunares da praia da Corna

Os nacionalistas xa realizaran unha petición similar a través dunha moción no pleno de xuño de 2016, moción que foi aprobada e na que se instaba ao concello a iniciar o procedemento de declaración como protexido do ecosistema da Corna.