Feijóo avanza novas liñas de axudas para paliar os danos da explosión pirotécnica no concello de Tui que ata o de agora ascenden a máis de 7 millóns de euros

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe a aprobación de novas liñas de axudas para paliar os danos da explosión pirotécnica no Concello de Tui que ata o de agora ascenden a máis de 7 millóns de euros no ámbito da vivenda.

Na rolda de prensa do Consello, Feijóo lembrou que a Xunta actuou coa maior axilidade posible desde o primeiro momento, con atención médica e psicolóxica aos afectados; ofrecendo solucións para que os dous menores que quedaron orfos poidan continuar coa súa vida -unha reposta na que están implicados tanto os servizos de menores da Xunta, que son os que teñen a tutela, como unha familia de acollida-; e coas axudas ás familias afectadas.

more recommended stories