Aprobados cos votos en contra de PSOE, BNG e os concelleiros do grupo mixto os orzamentos de Ribeira para o 2018, que ascenden a 22,8 millóns de euros.

Cun capítulo de inversións que supera os 4 millóns de euros, e no que se inician importantes programas , como o plan de transporte publico, a accións de dinamización xuvenil, e accións deportivas, aumenta o gasto en servizos sociais, destacando o aumento dun 30% a inversión en gastos de dependencia., e inclúense importantes subvencións a entidades locais, o orzamento de Ribeira non logrou nesta ocasión a aprobación de todos os grupos da oposición.