Sogama situarase en 2019 á cabeza das infraestruturas industriais de tratamento de residuos

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, destacou esta mañá que o Complexo Medio Ambiental de Sogama en Cerceda será en 2019 a infraestrutura industrial de tratamento de residuos máis eficiente e con maior capacidade.

Así o puxo de manifesto esta mañá a conselleira durante a unha visita ás obras de construción da nova planta na que se recuperarán os envases contidos no lixo en masa (na bolsa negra) e da remodelación da actual nave de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible.

more recommended stories