Xunta, CXPX e TSXG avanzan na coordinación do Plan de recuperación de traballo na administración de xustiza

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe unha xuntanza co presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, e o vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial, Juan Manuel Fernández, co obxectivo de seguir avanzando na coordinación de cara a posta en marcha do plan de recuperación do traballo na Administración de Xustiza tras a folga.

Este encontro inscríbese na rolda de contactos que está a manter a Administración autonómica para conseguir a cooperación de todos os axentes implicados. Así, xa se mantiveron encontros co TSXG, así como co anterior ministro de Xustiza, que comprometeu a implicación do Goberno estatal neste Plan. Tamén está previsto reunirse coa Fiscalía e outros axentes implicados.