Feijóo refírese á empresa familiar como a proba de que en Galicia poden desenvolverse empresas multinacionais e compañías que saben dar resposta ás esixencias de diferentes sectores

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á empresa familiar como a proba de que en Galicia poden desenvolverse empresas multinacionais e tamén compañías que saben dar resposta eficiente ás esixencias de diferentes sectores. “Sodes a clave de miles de empregos, de que Galicia sexa a segunda comunidade coa mellor balanza comercial e de que teña neste momento o mellor balance de exportacións da súa historia económica”, dixo.