O proxecto “A VILA DO MAÑÁ” inculca nos nenos o amor pola sua cidade

O obradoiro de urbanismo e patrimonio posto en marcha o pasado verán por iniciativa de PØST Arquitectos e coa colaboración do Concello de Ribeira vén cristalizar agora nun libro de 90 páxinas no que se recolle boa parte do traballo realizado cos rapaces que participaron nesta iniciativa destinada a aprenderlles dunha forma lúdica a coidar e valorar os espazos onde viven.

A publicación da que se editaron 1000 exemplares, foi presentada hoxe pola súa autora, Sandra González Álvarez, xunto con Carlos Henrique Fernández Coto, presidente de Apatrigal, e do alcalde Manuel Ruiz. A obra esta alograr unhaboa traxectoria, sendo presentada en santiago, coruña, e mesmo lugares tan
distantes como Sao paulo, viena ou venecia.