A Xunta abre o prazo de solicitude das axudas para favorecer a conciliación dos autónomos e para ampliar a tarifa plana

A Xunta continúa desenvolvendo a Estratexia Autónomo 2020 coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da axuda específica encamiñada a favorecer a conciliación laboral e familiar dos traballadores galegos por conta propia e do apoio que permite aos traballadores manter durante seis meses máis a cota reducida á Seguridade Social, pagando, deste xeito, durante o seu primeiro ano de actividade só 50 euros.

O DOG vén de publicar, por un lado, a axuda específica dirixida a autónomos para financiar durante 16 semanas a contratación do traballador que se atope cubrindo a baixa por maternidade ou paternidade. O Goberno galego con esta iniciativa amplía outras 16 semanas máis a bonificación do Estado, o que permitirá aos pais e nais autónomos manter durante un total de 32 semanas este apoio que cubre o 100% da cota empresarial da Seguridade Social, incluíndo os conceptos por accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

more recommended stories