A Concellaría de Promoción Económica e mais o Servizo de Normalización Lingüística de Rianxo puxeron en marcha un curso de dinamización do comercio local

Trátase dunha actividade formativa titulada EMPEZAR A VENDER EN INTERNET, que está destinada a empresas e persoas autónomas e desempregadas que teñan interese en aprender as vantaxes e o funcionamento que ten internet para vender e/ou ofrecer os seus produtos e fidelizar a clientela.