Feijóo destaca os galardoados cos premios Deporte Galego como os mellores referentes para os galegos do mañá

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte os galardoados cos premios Deporte Galego como os mellores referentes para os galegos do mañá.

Durante a gala dos Premios do Deporte Galego 2017, Feijóo referiuse deste xeito á historia deportiva de Susana Rodríguez Gacio, que gañou a prata mundial e a europea de tríatlon paralímpico, ademais do ouro europeo de duatlón e, esta mesma fin de semana, ampliou o seu palmarés coa medalla de ouro na serie mundial da paratríatlon de Yokohama; e a Álex Vidal, que conseguiu por cuarta vez alzarse co Campionato Mundial de Taekwondo Paralímpico.

more recommended stories