A Xunta destina 750.000 euros á mellora e reordenación dos peiraos de Portosín e Porto do Son

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a investir 750.000 euros na mellora e reordenación dos peiraos de Portosín e Porto do Son .

Así o sinalou esta mañá a titular do departamento autonómico, Rosa Quintana, nunha visita realizada á zona na que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán e do alcalde do municipio, Luis Oujo.