A Xunta comezará de inmediato os traballos para mellorar a eficiencia enerxética do complexo administrativo de San Caetano

As obras, nas que se investirán uns 6,5 millóns de euros e que se prolongarán previsiblemente por 10 meses, afectarán a un total de cinco edificios: os laterais esquerdo e dereito, o central, o posterior dereito e o Palacete. Todas as actuacións que se acometerán acordáronse tras realizar unha auditoría enerxética no complexo para determinar cales eran as medidas máis axeitadas.